A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase o 16 de setembro en Pereiro de Aguiar coincidindo coa inauguración do curso

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou este luns 8 de setembro en rolda de prensa que iniciará as mobilizacións cunha concentración o 16 de setembro en Pereiro de Aguiar coincidindo co a inauguración oficial do curso no colexio Ben-Cho-Shey. A PGDEP repasou nesta rolda de prensa as carencias do sistema educativo, moitas delas endémicas e que non son atendidas pola Consellaría de Educación. O abandono, o desmantelamento e o decrecemento da calidade no ensino público contrasta -denuncia a Plataforma- coa potenciación que se fai do ensino privado concertado, incluso subvencionando centros que segregan alumnado por sexo.