A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo.  “A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público pretende con esta folga asestar un golpe mortal e definitivo á LOMCE e aos recortes no ensino público para restituír os dereitos laborais e salariais do profesorado e mellorar a calidade do ensino mediante una Lei Galega de Educación”, explica o seu portavoz Anxo Louzao . 

A PGDEP volveuse mobilizar o 16 de febreiro para exixir a derrogación da LOMCE e unha nova lei que teña en conta as necesidades do sistema educativo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que apoiou a folga e as manifestacións convocadas pola organización estudantil ERGUER, celebrou a última hora da tarde do 16 de febreiro concentracións nas sete cidades e en vilas como Cangas, Cee, Carballo ou Vilagarcía. Toda unha serie de mobilizacións coas que exixiu a inmediata derrogación da LOMCE e a apertura dun diálogo con toda a comunidade educativa para elaborar unha nova lei que teña en conta as necesidades do sistema educativo.

O alumnado de secundaria e das universidades galegas irá á folga o 16 de febreiro

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público vén de manifestar o seu apoio á folga convocada para o vindeiro xoves día 16 de febreiro polo estudantado contra a LOMCE, a implantación do decreto 3+2 na universidade, os recortes no ensino público, e en demanda dunha Lei Galega de Educación. No decurso desa xornada están convocadas 23 mobilizacións nas sete cidades e en numerosas vilas galegas ás 12:00 horas por ERGUER e ás 19:00 h pola PGDEP.